Blog

Últimas publicaciones

Xa están aquí as “VII Xornadas sobre o Entroido de Galiza” organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración da Concellería de Festas do Concello de Pontevedra.

O investigador vianés Pedro Basalo falará en Pontevedra da historia do Boteiro y participará nunhas xornadas sobre o Entroido que se celebrarán os días 15 e 16 de marzo e nas que tamén estará como relator o estudoso verinés Xerardo Dasairas

Nun dos referentes do Entrudio de Viana do Bolo porá o foco o investigador vianés Pedro Basalo nun relatorio que impartirá o vindeiro 15 de marzo en Pontevedra no marco das “VII Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, que organizará a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Basalo falará sobre a “Historia recente do boteiro de Viana do Bolo” nunha conferencia prevista para ás 19h. no Centro de Interpretación Torres Arcebispas.


Xusto despois, terá lugar a intervención doutro estudoso do Entroido galego, o verinés Xerardo Dasairas, quen se centrará nas máscaras do Entroido ourensán. As xornadas continuarán o sábado 16 de marzo coa conferencia “A recuperación do Entroido de Samede” de Emilia Cagiao ás 18:45h. e logo coa de Patricia Cordeiro, quen abordará o “Carnaval de Podence: de ritual comunitario a icona nacional”.